Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tortilla, callos ou ensalada rusa: o Día do Aperitivo apúntase ao debate do petisco preferido

Tortilla, callos ou ensalada rusa: o Día do Aperitivo apúntase ao debate do petisco preferido

A xornada celebrase este xoves impulsada por unha marca de patacas fritidas 

G24.gal 19/09/2024 14:00

Hoxe é o día do aperitivo que algúns aínda chaman vermú. Unha iniciativa que xurdiu impulsada por unha marca de patacas fritidas e que busca oficializar esta celebración.

Tomar o aperitivo é unha tradición que se mantén en moitos sitios e que ás veces se confunde co petisco de media mañá. O que parece claro é a tapa que triunfa nese momento. 

Desde as clásicas ata as máis sofisticadas; frías ou quentes; de balde ou de pago. O pequeno petisco de media mañá segue triunfando nos bares. Nalgúns os máis ociosos enganchan o almorzo co vermú.

Outras tapas que triunfan son os callos, a ensalada rusa, a orella e as socorridas olivas, patacas fritidas ou o queixo e o friame.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar