A China e a Unión Europea buscan frear a tensión comercial
A China e a Unión Europea buscan frear a tensión comercial
Europa aplicou aranceis aos vehículos eléctricos de tres fabricantes chineses
A China respondeu con investigacións ás importacións de carne de porcino europea
O ministro de Comercio chinés reúnese este xoves en Bruxelas co comisario de Comercio da Comisión Europea nun intento por baixar a tensión comercial entre as dúas potencias.
Os fabricantes de vehículos españois apostan por competir todos coas mesmas regras de xogo. A Comisión Europea investiga varios fabricantes chineses por recibiren subsidios estatais. A Unión Europea aplica aranceis de ata un 36 % a eses fabricantes chineses. España ou Alemaña apostan por rebaixar a presión.
E mentres o debate se centra nos vehículos eléctricos, outros sectores temen ser vítimas dunha loita de aranceis. A China abriu investigación tamén a importacións da Unión Europea. O sector da carne de porco, por exemplo, viu as súas exportacións ameazadas.
A Unión Europea marcou uns obxectivos para o vehículo eléctrico. En 2025 o 22 % dos coches que se vendan deberán ser eléctricos, senón os fabricantes enfróntanse a multas da Unión Europea. Nos últimos meses en España houbo un retroceso na venda deste tipo de vehículos, a cota de mercado está nun 11 %.