Cargando resultados...
Gayá despediuse desexando que España gañe o Mundial
G24.gal
19/11/2022 14:44
E o que xa non vai poder estar na estrea de España no mundial e tampouco vai gozar desas instalacións é José Gayá.
O lateral do Valencia despediuse dos seus compañeiros, logo de que Luis Enrique decidira que non podía esperar á evolución do seu nocello escordado. No seu lugar, o seleccionador chamou a Balde, do Barcelona. Gayá, evidentemente, estaba moi tocado.