Gilsanz e De Dios analizan o empate en Abegondo
Gilsanz e De Dios analizan o empate en Abegondo
Os técnicos de Fabril e U. D. Ourense analizaron o partido sobranceiro do Galicia en goles
Nun partido con lesións, expulsións, penaltis errados e alternancia no marcador, o líder da Terceira Galega salvou un punto ante a U. D. Ourense e axusta máis a clasificación, tras o triunfo de onte do segundo clasificado, o Arousa.
O técnico fabrilista, Óscar Gilzanz, valorou o empate ante os das Burgas.
"Foi un encontro con moitos partidos diferentes e por iso temos que dar por bo o punto acadado hoxe".
Pola súa banda o adestrador do U. D. Ourense tamén quixo falar sobre o igualado choque, o máis destacado desta xornada na Terceira Galega.
"O empate colleunos nun momento complicado, e o empate é positivo porque ao final sufrimos bastante para manter o resultado".