Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gilsanz: "Síntome orgulloso de ser adestrador, de Betanzos, galego e do Dépor"

Gilsanz: "Síntome orgulloso de ser adestrador, de Betanzos, galego e do Dépor"

Gilsanz cre que a aposta do club por el pon en valor o labor de todos os adestradores das categorías inferiores do Deportivo

G24.gal 06/11/2024 11:38 Última actualización 06/11/2024 13:49

O adestrador Óscar Gilsanz asegurou este mércores que afronta "moi ilusionado" o reto de dirixir o Deportivo na Liga Hypermotion, despois de ser confirmado como técnico do primeiro equipo ata final de tempada, unha traballo do "non hai nada comparable", dixo.

"É un soño e un orgullo. Síntome orgulloso de ser adestrador, de Betanzos, galego, do Dépor"

"Orgulloso de que se vexa que a xente de Abegondo somos capaces de espertar a confianza da xente para levar o primeiro equipo"

"Agora xa hai un reto diferente. A ilusión é o que nos move a traballar nun club como este. Ás veces os soños cúmprense, creo que non hai nada comparable a ser adestrador do primeiro equipo do Dépor", afirmou o técnico galego.

O substituto de Imanol Idiakez, que ata a destitución do técnico guipuscoano estaba á fronte do Fabril, espera achegar "moito traballo" ao primeiro equipo, no que ve clave crear un ambiente de "confianza e positivismo".

"O traballo colectivo será un dos nosos sinais de identidade", subliñou.

Gilsanz cre que a aposta do club por el pon en valor o labor de todos os adestradores das categorías inferiores do Deportivo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar