Publicador de contidos
Publicador de contidos

O técnico que soubo corrixir o rumbo do equipo e encarna os valores do celtismo

O técnico que soubo corrixir o rumbo do equipo e encarna os valores do celtismo

O Celta fai unha aposta de futuro por un adestrador da casa que, en 19 partidos, meteu coa súa filosofía dentro e fóra do terreo de xogo a todos os estamentos do club no peto

G24.gal 17/10/2024 12:29

Sete meses e 19 partidos despois desta imaxe en Afouteza, Claudio Giráldez renova ata 2027 e o Celta deixa atrás unha aposta máis espumosa ca solvente para o ano do centenario, no que todo puido irse ao garete.

Con Claudio Giráldez o Celta corrixiu o rumbo e volveu ao rego dunha canteira, e duns valores celtistas que non deixan de demostrarse gañadores a cada partido. Todos, directiva, corpo técnico e xogadores semellan sentirse cómodos nesta idea de Giráldez: futbolisticamente lúcida e compacta que o porriñés impulsa cunha personalidade ambiciosa e un entender calvinista do traballo que lle vén do pai.

Tres anos agora por diante para demostrar que o modelo ten percorrido e que o equipo pode seguir medrando ao abeiro dunha autoidentificación celtista que Giráldez encarna como poucos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar