Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goberno, Xunta e comité analizan a nova proposta de Alcoa para San Cibrao

Goberno, Xunta e comité analizan a nova proposta de Alcoa para San Cibrao

A xuntanza será telemática e chega nun momento en que os traballadores seguen cunha folga indefinidida

G24.gal 10/12/2021 09:23

Representantes do Goberno central, da Xunta e dos traballadores de Alcoa participan este venres nunha xuntanza para analizar a última proposta de Alcoa para a factoría de San Cibrao.

Unha xuntanza na que os traballadores van poñer enriba da mesa as súas demandas para que as administracións públicas acheguen garantías que permitan acadar unha solución colectiva.

Ven insuficiente ese compromiso de Alcoa de non realizar ningún despedimento colectivo en catro anos a cambio de poder parar as cubas e deixar de fabricar aluminio durante dous anos, algo que lle interesa porque, segundo di, a fábrica está dando perdas.

Os traballadores denuncian que ese compromiso de Alcoa de non despedir na súa factoría non garante a continuidade dos máis de 400 operarios das empresas auxiliares que dependen da actividade en San Cibrao.

A xuntanza será telemática e chega nun momento en que os traballadores seguen cunha folga indefinidida e con forzas renovadas logo de conseguir a anulación do ere que afectaba 524 traballadores.

Alcoa di que a súa oferta pretende garantir o futuro a medio prazo da factoría, xa que na actualidade, di, está dándolles unhas perdas mensuais de 20 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos