Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goleada ao descanso para rematar o partido (4-1)

Goleada ao descanso para rematar o partido (4-1)

Catro goles na primeira metade deixaron o partido visto para sentenza

Portela puxo a nota negativa cunha expulsión no 38'

G24.gal 16/03/2024 16:08 Última actualización 16/03/2024 18:05

Buscando o liderado o Ourense foi una apisoadora. Pasou por riba do filial do Valladolid. No minuto 6 chegou o primeiro. Carreira de Álex Gil pola dereita que topou a Alberto Gil chegando pola outra fronte, quen só tivo que empurrar. No 10' chegou o segundo. Esta vez o centro chegou desde a esquerda. Boa combinación en espazos curtos para que Hugo Sanz centre desde a esquerda e Di Renzo anote o seu 5º en 4 partidos. Chegou o terceiro no 22'. Tamén moi parecido aos anteriores. Volveu Alex Gil a correr a banda, esta vez a esquerda, púxoa atrás e chegou Facu Gallardo para ampliar a vantaxe. Estaba a gustarse o equipo ourensán e a afundir os visitantes. Con 10' para o final, Alex Gil aproveitou un remate defectuoso de Andrada para poñer o 4-0. Festón de goles en Oira. A mala nova chegou no 38' despois dunha dura entrada de Portela que lle custou o cartón vermello.

As malas novas continuaron no comezo do segundo tempo. Tras un despexe nun córner, Chuki enganchou unha volea que recortaba distancias no 48'. Custáballe máis aos locais non primeiros intres do segundo tempo debido a inferioridade numérica. O partido freou en ritmo e intensidade. Os locais quixeron durmilo e os visitantes non eran quen de impor velocidade. Probou Sergi Estaban desde lonxe pero seu disparo marchou alto. Xa os derradeiros minutos foron un trámite ata o final do encontro. Maqueta salvou que Sergi Esteban ampliase a vantaxe, sendo a única xogada salientable no último tramo. 

Con esta goleada, o Ourense sitúase líder con 56 puntos, á espera do que faga o Pontevedra mañá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar