Publicador de contidos
Publicador de contidos

Golpe de graza de Uruguai a Brasil na Copa América

Golpe de graza de Uruguai a Brasil na Copa América

Medirase con Colombia, que se impuxo por 5-0 a Panamá

G24.gal 07/07/2024 07:08

A selección de Uruguai derrotou na quenda de penaltis a Brasil nos cuartos de final da Copa América logo dun partido en que non houbo goles (0-0). O equipo de Marcelo Bielsa dominou durante 75 minutos o encontro, tivo as mellores ocasións, pero non foi quen de resolver. A expulsión de Nathan Nández nese intre cambiou a dinámica do encontro, pero Brasil tampouco aproveitou a circunstancia para marcar. 

Na quenda de penaltis comezaron fallando Militão e Douglas Luiz no cadro brasileiro. O definitivo penalti marcouno Ugarte e meteu o seu equipo nunhas semifinais e á procura dun título que non gaña desde o 2011. 

Colombia non ten piedade de Panamá (5-0)

Uruguai xogará nas semifinais diante dun Colombia que está en plena forma. Non só deixou o Brasil como segunda do grupo. Tamén gañou os cuartos de final cunha superioridade insultante. O temperán gol de John Córdoba encamiñou a vitoria. James marcou de penalti e antes do descanso Luis Díaz poñía o 3-0. O segundo tempo quedou como un trámite completado cos goles de Montoya e Borja. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade