Cargando resultados...
O Breogán-Tenerife, suspendido no 2º cuarto por culpa da condensación no Pazo
O Breogán-Tenerife, suspendido no 2º cuarto por culpa da condensación no Pazo
Os árbitros mandaron parar cando o marcador reflectía un empate a 23
Logo de moitos minutos secando a pista volveron intentalo, pero foi imposible
Foto: EFE
G24.gal
05/10/2024 19:23
A estrea do Breogán no Pazo quedou empanada por culpa da humidade que, froito da forte chuvia que caeu este sábado en Galicia, fixo imposible a práctica do baloncesto.
O partido comezou con normalidade pero, xa no segundo cuarto, cando o marcador reflectía un empate a 23 entre o equipo lugués e o Tenerife, os árbitros detiveron o xogo. Intentouse secar a pista, pero a auga non paraba de caer. Logo de moitos minutos de deliberacións, tomouse a decisión entre todos de deixar adiado o encontro, que terá que ser retomado nunha data aínda por decidir.