Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gonçalo Ramos eclipsa a CR7 cunha tripla contra Suíza (6-1)

Gonçalo Ramos eclipsa a CR7 cunha tripla contra Suíza (6-1)

O dianteiro do Benfica deixou no banco a estrela e liderou a clasificación portuguesa para os cuartos de final

G24.gal 06/12/2022 21:41 Última actualización 06/12/2022 21:56

A temporada pasada, o Benfica de Jorge Jesus deambulaba pola Primeira Liga con máis pena que gloria e Gonçalo Ramos mordía as unllas no banco sen poder gozar de minutos. A directiva decidiu cambiar de adestrador e apostou por Nelson Verissimo, un gran coñecedor da canteira benfiquista. A primeira determinación foi darlle a alternativa a Gonçalo, que llo agradeceu a base de goles. 

No verán, o Benfica cambiou de adestrador; chegou Roger Schmidt, que tivo que asumir a perda de Darwin Núñez. Deulle igual; tiña no seu cadro de xogadores a Ramos, ao que lle ía dar o mando da ofensiva. Ramos é o máximo goleador do campionato e o mellor xogador do líder da competición portuguesa. 

No Mundial tocoulle estar á sombra de CR7 ata o partido de oitavos contra Suíza. Apostaron por el cando ninguén daba un euro e agradeceuno cunha tripla. Portugal mallou en Suíza (6-1) e enfrontarase nos cuartos de final con Marrocos. Cristiano xa non é o referente. Bernardo Silva ou Bruno Fernandes mandan no centro do campo e agora teñen un socio de primeiro nivel na dianteira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos