Publicador de contidos
Publicador de contidos

González Casares: "A xente afectada polo veto á pesca de fondo ten que recibir as axudas canto antes"

González Casares: "A xente afectada polo veto á pesca de fondo ten que recibir as axudas canto antes"

O eurodeputado socialista destacou que hai que presentar un recurso xa

González cre que a Comisión Europea non ten en conta a realidade socioeconómica

G24.gal 19/10/2022 10:51

Os servizos informativos de Televisión de Galicia comezaron a emitir unha serie de entrevistas cos eurodeputados galegos. En Estrasburgo, conversou esta mañá no 'Bos días' o redactor xefe dos Servizos Informativos de TVG, Marcos Sueiro, co eurodeputado do PSOE Nicolás González Casares.

A entrevista comezou nun ton distendido onde González manifestou que se traballa moi ben en Estrasburgo e que é moi singular pola intensidade das axendas. Dixo que como bo galego se relaciona con todo o mundo e que busca as mellores alianzas para defende o noso país. 

Sobre o veto á pesca de fondo, o eurodeputado socialista dixo: "Vexo a situación moi complexa, as regras non son novas, é un regulamento aprobado en 2016". Manifestou que a Comisión Europea non está tendo en conta a realidade socioeconómica e que prioriza o piar medioambiental sobre o resto e toma decisións en contra do sector.

"Calquera decisión que afecte a pesca sempre lle afecta a Galicia. Estamos moi descontentos coas decisións que está tomando a Comisión Europea e así o imos manifestar mañá. Creo que o Goberno de España acerta presentando o recurso, pero hai que ir máis aló. Nós queremos pedir a suspensión dese acto de execución e que indemnicen á frota que vai estar parada e vai ter unha rebaixa das súas capturas", destacou González Casares. 

Recurso

O eurodeputado socialista cre que ha que presentar un recurso para gañar, que sexa firme, contundente e que teña en conta todos os problemas que manifestamos na Comisión Europea. 

"Nos dixemos que non houbo unha avaliación do impacto socioeconómico, hai unha confusión totalmente acientífica onde os propios científicos din que o palangre non ten nada que ver coas artes de fondo que teñen que ser suspendidas. Cremos que xa tendo datos dos danos que produce este acto de execución, ese recurso debe presentarse con toda a forza necesaria", subliñou González.

Seguiu afondando na necesidade de que o recurso ten que ser ben presentado e de que a xente ten que recibir as axudas pertinentes e canto antes. Manifestou que a Comisión Europea, con este tipo de decisións, está a crear antieuropeístas e que está a situación da pesca no foco porque é un problema moi de España.

Enerxía

Outro tema do que se falou foi o tema da enerxía. González dixo que Ursula von der Leyen loou a excepcionalidade ibérica e que están estudando como incorporala a toda Unión Europea. Confirmou que hai un problema de enerxía derivado da invasión en Ucraína e deulle dúas garantías aos cidadáns galegos: "Non imos ter problemas de subministración nin en Galicia nin en España e o pico de prezos, neste momento, xa pasou". O eurodeputado socialista dixo que os prezos do gas estase derrubando porque os depósitos están cheos.

"Estamos nunha situación que mellora moderadamente e creo que podemos dar garantías de que a cousa non vai ir a peor", manifestou. Cre que hai que desacoplar o prezo do gas do prezo da electricidade e apostar polas enerxías renovables porque poden dar garantía de permanencia dalgunha electrointensivas en Galicia, como é o caso de Alcoa.

"Este é un camiño difícil, o da transición enerxética, e non vai ser un camiño fácil, pero temos que facelo xuntos. Nun horizonte medio, Galicia e España van ter máis oportunidades porque imos ter un mercado de prezos da enerxía máis barato que o resto de Europa", afirmou Nicolás González.

Fondos Next Generation

Sobre os fondos Next Generation, González cre que son unha oportunidade única para cambiar o modelo produtivo para a descarbonización. Manifestou que en Galicia xa hai xente gozando das axudas a través de convocatorias e que só falta por enfocar os grandes proxectos.  

"Eses grandes proxectos teñen que ser explicados á cidadanía e teñen que ser transparentes. Deben ser proxectos tractores, pero con transparencia", remarcou.

AVE O Porto-Vigo

Xa para rematar, falaron da importancia da liña de alta velocidade entre Vigo e Porto. Nicolás González destacou que "estou totalmente convencido da necesidade da conexión entre Vigo e Porto, creo que é fundamental para Galicia, España e Portugal".

Manifestou que darán todos os pasos no Parlamento Europeo para que reciban as axudas e se coloque nos corredores prioritarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade