Publicador de contidos
Publicador de contidos

González Formoso fai un chamamento a "arremangarse" con vistas ás municipais

González Formoso fai un chamamento a "arremangarse" con vistas ás municipais

O Comité Nacional do PSdeG ratifica as candidaturas dos socialistas ás eleccións do 28 de maio 

G24.gal 11/03/2023 14:36 Última actualización 11/03/2023 14:59

O Comité Nacional do PSdeG ratificou este sábado en Compostela as candidaturas socialistas nos concellos de entre 20.000 e 50.000 habitantes ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.

Este Comité Nacional estivo marcado pola decisión do secretario xeral do partido de volver encabezar a lista do PSdeG á alcaldía das Pontes, concello que goberna desde o ano 2007.

Valentín González Formoso fixo un chamamento aos seus compañeiros de partido a "arremangarse" con vistas á próxima cita coas urnas.

O líder dos socialistas galegos insistiu no seu discurso no reto que ten por diante o PSdeG, o de conseguir ser a forza maioritaria nos comicios municipais, como primeiro paso para gañar as eleccións xerais e as autonómicas. 

"O primeiro campo de batalla chámase eleccións municipais, un campo de batalla que os socialistas coñecemos ben, un campo de batalla onde os socialistas temos perfecta conciencia de que xogamos ser ou non ser, unha realidade que pode mudar outras realidades, a realidade autonómica e a realidade nacional, dío a cronoloxía, dío a historia, que cando nos vai ben nas municipais, a sociedade confía e muda un goberno nas autonómicas, muda un goberno nas xerais", di González Formoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade