Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goretti Sanmartín: "Temos que ir cara a un turismo máis consciente, responsable e sustentable"

Goretti Sanmartín: "Temos que ir cara a un turismo máis consciente, responsable e sustentable"

A alcaldesa de Santiago defende que a rede de sumidoiros estaba limpa e que os colectores non teñen capacidade para recoller as precipitacións extremas das últimas horas

G24.gal 20/10/2023 11:49 Última actualización 20/10/2023 12:14

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, agarda ter listo canto antes o informe que lle pediu a Xunta para estudar a implantación dunha taxa turística na cidade. Esta mañá representantes da hostalaría, asociacións veciñais e expertos doutras cidades que xa aplican esta taxa están reunidos en Santiago.

Goretti Sanmartín defendeu nunha entrevista no Galicia por diante, da Radio Galega, o cobro desta taxa, que oscilaría entre os cincuenta céntimos e os dous euros e medio, para, dun lado, sufragar os sobrecustos que ten o turismo para os veciños composteláns, e doutro, investir nun novo modelo turístico.

O obxectivo, dixo, é camiñar cara a un turismo "mais consciente, máis responsable e que sexa o mellor desde o punto de vista medioambiental". Un modelo que permita, apuntou, manter as visitas a Compostela ao longo de todo o ano.

A alcaldesa tamén se referiu ao problema de taxis na cidade. Asegurou que "a solución xa está encamiñada". Ademais dos novos exames que se realizaron a primeiros de mes para obter o permiso municipal de condutor de taxi, agardan que a Xunta autorice novas licenzas.

Están elaborando un informe para ver cantas serían necesarias para acabar coas longas esperas que teñen que soportar veciños e visitantes.

Danos e inundacións polo temporal

Sobre as inundacións que provocou a intensa chuvia das últimas horas, Goretti Sanmartín asegura que a rede de sumidoiros estaba limpa e que "o mantemento era bo". Recalcou que os colectores de pluviais non teñen capacidade suficiente para afrontar as precipitacións extremas que caeron na tarde do mércores.

Avanzou que será necesario acometer obras para ampliar estes colectores en determinados puntos da cidade como Sar, onde os asolagamentos son frecuentes. As obras nesa zona da cidade precisarán dun orzamento dun millón de euros.

Mentres, planifican "traballos parciais" que permitan minimizar esas inundacións os que días que chove con intensidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade