Cargando resultados...
Gradiant fixa como obxectivo ser o banco de probas do 5G en Galicia
O centro tecnolóxico presentoulle o seu Plan Estratéxico 2022-2024 ao seu Consello Consultivo

G24.gal
25/01/2022 20:43
O centro tecnolóxico Gradiant presentou esta tarde, na súa nova sede en Vigo, o seu Plan Estratéxico 22–24 aos membros do seu Consello Consultivo.
A entidade, que aspira a funcionar como laboratorio de probas da tecnoloxía 5G en Galicia, presta servizos a 200 empresas do país no eido das TIC.
O ano pasado facturou máis de seis millóns de euros en proxetos de I+D+i concibidos e desenvolvidos en Galicia.