Gravan unha manda de 6 lobos en Outeiro de Rei
Gravan unha manda de 6 lobos en Outeiro de Rei
Os animais acubíllanse á beira da cidade de Lugo
Preocupación entre os gandeiros pola presenza dos cánidos
Son as imaxes da manda de seis lobos que un gandeiro de Outeiro de Rei conseguiu tomar cun sistema de fototrampeo. A presenza destes animais non é nova aquí pero preocupan os danos que poidan causar no gando tantos exemplares xuntos. Por exemplo, estas vacas cachenas que adoitaban estar no prado teñen que refuxiarse agora nunha nave.
Outeiro de Rei linda coa cidade de Lugo, está atravesado pola autovía e conta con dúas industrias leiteiras. Semella, pois, o lugar menos acaido para que os lobos se deixen ver por aquí. Con todo, xa levan anos provocando ataques o gando.
O censo do lobo presentado pola Xunta hai poucos días cifra en 93 as mandas activas en Galicia. É dicir, máis que en todo o territorio de Francia. Ademais, pola súa mobilidade, o lobo está presente ao longo do ano no 91 % do territorio galego.