Publicador de contidos
Publicador de contidos

Guardiola volve cruzarse co Real Madrid por terceira temporada consecutiva

Guardiola volve cruzarse co Real Madrid por terceira temporada consecutiva

O duelo entre os brancos e o Manchester City abre o fogo dos cuartos de final da Liga de Campións

O mércores será a quenda do Barcelona e do Atlético de Madrid

G24.gal 08/04/2024 21:01

Este martes hai Liga de Campións, ida dos cuartos de final. O Real Madrid recibe o Manchester City no Bernabeu. Os de Ancelotti encadean tres vitorias consecutivas en Liga, aínda que no último partido de Champions non pasaron do empate ante o Leipzig. O conxunto branco non garda bo recordo do último enfrontamento contra os ingleses, nas semifinais do ano pasado cando o equipo de Guardiola os eliminou da máxima competición europea.

O outro partido da xornada do martes será o que disputen o Arsenal e o Bayern. Para o mércores quedan os enfrontamentos do Barcelona e o Atlético de Madrid. O equipo catalán xogará diante do París Saint Germain adestrado por Luis Enrique e o Atlético xogará diante do Borussia de Dortmund. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade