Os mercados abriron con produto nos seus postos, pero a xente non se animou a ir
Os mercados abriron con produto nos seus postos, pero a xente non se animou a ir
Imaxe inusual na praza de abastos de Santiago tras o paso de Kirk, que desanimou os clientes
O temporal deixou baleiro o mercado de Santiago de Compostela. Había produto na praza de abastos pero moi poucos clientes se animaron a ir.
Din os praceiros que "moitos pecharon e os que están abertos basicamente é porque teñen que servir os restaurantes".
Custaba moito saír á rúa, canto máis poñer os postos fóra. Incluso dentro algúns decidiron pechar. Pero aínda que eran poucos os clientes que se deixaron ver houbo quen desafiou o tempo. Din que "porque tiñan encargas, que se non non sairían da casa".
Imaxe inusual a da praza de abastos de Compostela practicamente baleira. Imaxe, porén, recorrente, mesmo nun día como o de hoxe, a dos peregrinos encantados coa chuvia. Unha peregrina de Alacant conta "que non lles importa a auga e que este tempo é unha marabilla".
Boa falta fixo a paraugas, ao longo da mañá, ao mesmo tempo que remitía o temporal, parece que a praza collía vida.