Cargando resultados...
Hepatite infantil, poucas certezas e algunhas sospeitas sobre a súa orixe
Hepatite infantil, poucas certezas e algunhas sospeitas sobre a súa orixe
A investigación céntrase nun adenovirus que normalmente afecta o estómago
G24.gal
07/05/2022 15:30
A Organización Mundial da Saúde considera prioritario investigar que causa a hepatite aguda infantil de orixe descoñecida. Un mes despois de que o Reino Unido dera a alerta aínda non hai ningunha certeza de que a provoca, pero parece que se estreita o cerco sobre un sospeitoso. Os estudos céntranse nun adenovirus que pode estar afectando o fígado.
Ata o de agora este virus causaba síntomas grastrointestinais. Investigan se sufriu algunha mutación que aumentou a súa capacidade de replicación o que lle permitiu acceder desde o tracto dixestivo ata o fígado. De momento é unha hipótese que a ciencia deberá confirmar ou descartar.