Horarios extraordinarios nas bibliotecas universitarias polos exames de xaneiro
Horarios extraordinarios nas bibliotecas universitarias polos exames de xaneiro
As bibliotecas universitarias amplían horario ata finais de xaneiro
A volta ás aulas no mes de xaneiro é, para os universitarios, época de exames. Moitos enchen estes días as bibliotecas que amplían horarios para acoller unha demanda extraordinaria.
"Estamos aquí acumulados, pero eu atopei hoxe sitio fácil. Depende a que hora chegues".
"Ou ven algunha antes e che deixa sitio dez ou quince minutos ou chegar a primeira hora cinco minutos antes".
"Está chea e ademais para ir xantar temos que apurarnos porque nos apartan as cousas dos sitios".
A Concepción Arenal é a máis grande da Universidade de Santiago e unha das que ampliou horario con motivo dos exames de xaneiro. Abre de oito e media da mañá ata as doce da noite. Con case mil prazas, énchese a diario.
"Na casa estou co móbil, entretéñome con calquera cousa e aquí resúltame máis doado traballar, estudar...".
"Ves alguén ao teu lado estudando, traballando e eu sinto que me concentro moito máis".
"Nós, a semana que entra que temos exames case todos os días, ás veces hai que quedar toda a noite".
Para eses casos, a única alternativa posible á casa é a sala de lectura da facultade de Dereito que os próximos 15 días abre as 24 horas.