Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case catro mil persoas se suicidaron en España durante o 2023

Case catro mil persoas se suicidaron en España durante o 2023

A sensibilización social e os programas de prevención son fundamentais para loitar contra as tendencias suicidas

G24.gal 10/09/2024 13:52

Hoxe é o Día Mundial da Prevención do Suicidio. Trátase dun preocupante problema social e sanitario en España, xa que é a primeira causa de morte por motivos externos entre a xente nova. Nun día coma hoxe son múltiples as chamadas a reforzar a prevención e a atención para combater as condutas suicidas. 

Detrás dun suicidio hai un drama familiar e persoal. A prevención é fundamental. Detectar os sinais depresivos e brindar axuda á persoa que o precise. 

Galicia foi pioneira na creación de unidades específicas para a prevención do suicidio. María Tajes, xefa de Psiquiatría da Área Sanitaria de Ourense e O Barco de Valdeorras, di que se demostrou que o traballo multidisciplinar desta unidade reduciu o risco de reintento de suicidio, as hospitalizacións por condutas suicidas severas e foi un modelo que tivo recoñecemento estatal.

Axuda sanitaria, pero tamén un cambio social en que se erradiquen os discursos erróneos e deshumanizados sobre o suicidio para que as persoas se atrevan a pedir axuda. "Percibimos que cada vez é máis frecuente que as persoas con tendencias suicidas sexan capaces de pedir axuda e superen o estigma que tiña achegarse a un psiquiatra ou psicólogo, e iso permite en moitos casos que se chegue a situacións extremas", di María Tajes.

Preocupa a alta incidencia na xente nova. Por iso en Galicia estase actuando xa no ámbito escolar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade