Toca limpeza e avaliación de danos tras o temporal
Toca limpeza e avaliación de danos tras o temporal
Volve a normalidade pouco a pouco aos lugares máis afectados polo temporal que deixou máis de 200 incidencias
Recupérase a normalidade tralo temporal. Hoxe toca limpeza e avaliación de danos na Pobra polo desbordamento río Lérez.
"Empezou a entrar auga pola porta, xusto cando lle dixo a miña nai ao meu irmán que se fose. Aos poucos minutos empezou a entrar, entrar a auga, non so pola porta dianteira senón tamén pola traseira". "Estamos tentando salvar algo. Non sabemos si conseguiremos salvar algo pero nós tentámolo. "As casas que están aí atrás foi moitísimo, foi un estrago", explican algúns dos afectados.
En Santiago inundouse o Colexio Divino Maestro polo que tiveran que suspender as clases.
"Houbo que tirar moitas cousas que se estragaron. Os rapaces están ben, que é o máis importante; a decisión que se tomou foi a axeitada. As familias colaboraron estupendamente; todo o persoal do centro colaborou moi ben. Aproveito para agradecer. Se todos xuntos traballamos, saen as cousas adiante", relata Elena Millán Penide, directora do colexio.
No barrio compostelán de Conxo, unha familia sufriu a súa terceira inundación en catro anos. "Era evitable. Nós falamos en varias ocasións coa secretaria do concello. Temos rexistrado cando pedimos por favor que limparan o río porque na última Dana houbo desbordamento de moitos ríos. Témolo documentado con fotos", di Conchi Barreiro, propietaria da vivenda inundada.