Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hugo Mallo marca un dos goles na semifinal da Copa Libertadores

Hugo Mallo marca un dos goles na semifinal da Copa Libertadores

O seu equipo, o Internacional, empatou (2-2) na casa do Fluminense

G24.gal 28/09/2023 08:30

O marinense Hugo Mallo foi un dos grandes protagonistas da semifinal da Copa Libertadores, que enfrontou a Fluminense e Internacional de Porto Alegre (2-2). Malia non ser a súa especialidade, Mallo marcou xusto antes do descanso o empate a un. 

O Fluminense xogou medio partido con un menos e logrou empatar grazas ao dobrete de Germán Cano. Adiantáranse os locais pero os tantos de Mallo e Alan Patrick no mítico Maracaná deixaban a eliminatoria moi encamiñada para os de Eduardo Coudet. 

A volta xogarase o vindeiro 4 de outubro cunha eliminatoria moi aberta no estadio Beira Río de Porto Alegre. A outra semifinal xógana o Palmeiras, tamén brasileiro, e o Boca Júniors. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade