Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iago Aspas alcanza os 200 goles co Celta

Iago Aspas alcanza os 200 goles co Celta

Os 200 goles do dianteiro co primeiro equipo vigués repártense en 149 goles en Primeira, 34 en Segunda, 12 na Copa do Rei e 5 na liga Europa

Foto EFE
G24.gal 19/02/2024 15:05 Última actualización 19/02/2024 16:05

O internacional galego Iago Aspas, co seu gol o sábado ante o Barcelona, xa acumula 200 en partidos oficiais coa camiseta do Celta, unha cifra inalcanzable para o resto de goleadores do equipo galego nos seus cen anos de historia.

Aspas, catro veces gañador do Trofeo Zarra (ao máximo goleador español na liga), debutou co Celta o 8 de xuño de 2008 fronte ao Salamanca no Estadio Helmántico. Con todo, a súa irrupción produciuse un ano despois, cando asinou un dobrete ante o Alavés que acabou co sufrimento do seu equipo, que pelexaba por non descender a Segunda División B.

Os 200 goles do dianteiro co primeiro equipo vigués repártense en 149 tantos en Primeira, 34 en Segunda, 12 na Copa do Rey e 5 na liga Europa.

O club que preside Marian Mouriño sacou á venda unha camiseta conmemorativa da fazaña do dianteiro de Moaña, a un prezo de 19,95 euros. O actual capitán do primeiro equipo aínda ten ao seu alcance converterse no xogador con máis partidos na historia do club vigués.

Ata a data disputou 481 e por diante só ten “O Gran Capitán” Manolo, que con 532 é o futbolista que máis veces vestiu a camiseta do Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade