Ian Mackay recoñece estar "frustrado" polos malos resultados a domicilio
Ian Mackay recoñece estar "frustrado" polos malos resultados a domicilio
Felicitou o Deportivo Xuvenil: "Están a facer un traballo estupendo e oxalá poidan saír campións"
Desde o vestiario do Deportivo non ocultan a súa preocupación polo rendemento do equipo fóra de casa. Ian Mackay, un dos capitáns, asegura que seguen traballando para atopar solución
"É un pouco frustrante. En casa somos dominadores, levamos o peso do partido… e fóra de casa está a custarnos moito levarnos os tres puntos. Non estamos todo o a gusto que nos gustaría. Explicación simple? Oxalá a soubese para poñela encima da mesa e darlle a volta. Diga o que diga vai soar a escusa. Sabemos os campos aos que imos, non os regan e prexudícannos, pero non podemos poñelo como escusa. Os rivais xogan as súas armas e temos que adaptarnos para sacar os tres puntos. Non penso que sexa só culpa diso".
Ian Mackay tamén quixo deixar unha felicitación para o Deportivo Xuvenil:
"Están a facer un traballo estupendo e oxalá poidan saír campións".
Deixou ademais un desexo para o futuro:
"Como coruñés e deportivista, gustaríame que o Deportivo estivese cheo de canteiráns e coruñeses. Pero estamos nun momento no que o club está nunha categoría que non é a súa. Imos ir paso a paso, conseguir o ascenso, porque o primordial agora mesmo é que o Dépor estea no fútbol profesional canto antes. O meu desexo persoal é que fóra con xente da canteira e de aquí".