Publicador de contidos
Publicador de contidos

Idiakez: "Arriba si que nos falta algo, é o máis difícil e o máis caro"

Idiakez: "Arriba si que nos falta algo, é o máis difícil e o máis caro"

Rafael Obradoiro xa se adestra co Deportivo despois do principio de acordo de cesión ao que chegou o Dépor co Real Madrid

Foto @RCDeportivo
G24.gal 21/08/2024 14:48 Última actualización 21/08/2024 14:56

Imanol Idiakez, adestrador do Deportivo, compareceu na sala de prensa de Abegondo para analizar o próximo partido ante o Huesca.

Antes de falar do rival, referiuse á polémica pola tardanza en facer os trocos ante o Oviedo.

"Sei que hai un debate sobre o que tardo nos meus cambios".

"Miro a outros adestradores por se me volvín tolo, pero creo que é algo habitual".

"Visto o resultado, claro que agora penso que podería facer outra cousa".

Mentres, Rafael Obradoiro xa se adestra co Deportivo. O novo futbolista branco e azul saltou esta mañá ao céspede de Abegondo para exercitarse cos seus novos compañeiros despois do principio de acordo de cesión ao que chegou o Dépor co Real Madrid, o seu club de procedencia. Non vai ser a última incorporación.

"Arriba si que nos falta algo. En punta en banda... é o máis difícil e máis caro".

"De centrais estamos cubertos en canto a número e calidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar