Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ilaix Moriba: "Quero ensinar que teño o fútbol que todo o mundo coñeceu"

Ilaix Moriba: "Quero ensinar que teño o fútbol que todo o mundo coñeceu"

O xogador chega tras disputar a cita olímpica de París coa súa selección

G24.gal 13/08/2024 17:08 Última actualización 13/08/2024 17:15

O novo xogador do Celta, Ilaix Moriba, foi presentado ante os medios este martes e deixou claras as súas intencións nesta nova etapa que emprende, como cedido polo Leipzig.

"Quero ensinar que teño o fútbol que todo o mundo coñeceu, axudar ao máximo, que o equipo e a afección deixen de sufrir como os últimos anos", dicía o internacional con Guinea Ecuatorial.

"Fun aprendendo na vida e quero demostrar a miña valía, mostralo dentro do campo e fóra", engadía.

O xogador chega tras disputar a cita olímpica de París e referiuse a como chega a nivel físico tras a súa participación neste evento.

"Prepareime moi ben para os Xogos, non foi como desexabamos para o país, pero síntome ben. Fáltame un pouquiño, pero imos facer un bo planning cos adestradores para que estea canto antes ao 100 % para cando necesiten de min".

Deixa clara a maneira de xogar coa que sente máis a gusto.

"Sempre estiven, menos os últimos anos, en equipos onde se xoga coa pelota, atópome máis cómodo así, indo meter presión arriba", sinala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade