Illa incorpora no seu goberno exdirixentes de CiU e dous cargos de ERC
Illa incorpora no seu goberno exdirixentes de CiU e dous cargos de ERC
O secretario xeral de Junts, Jordi Turull, critica os políticos que "xogan na bolsa"
Un exconseller de JxCat ocupará a carteira de Traballo e Empresa
Os conselleiros tomarán posesión este luns e o martes celebran o primeiro consello
Salvador Illa xa ten goberno. Entre os elixidos polo novo presidente da Generalitat figuran militantes socialistas, independentes e políticos procedentes de Junts e da antiga converxencia. As formacións independentistas xa criticaron as fichaxes.
No goberno de Salvador Illa, o primeiro non independentista despois dunha década, estará Ramón Espadaler, exdirixente de CIU, que será conselleiro de Xustiza, e Miquel Sámper, exresponsable de Junts, que seu deu baixa hai uns anos pola deriva do partido, ocupará a carteira de Traballo e Empresa.
O secretario xeral de Junts, Jordi Turull, criticou, a través das redes sociais, a inclusión de Sàmper e Espadaler, aos que considera "políticos que xogan na bolsa e se moven á beira de quen cotiza máis sen principios nin conviccións profundas", dixo.
Illa amén recuperou dous cargos do goberno de Pere Aragonés, Xavier Vila para dirixir a política lingüística e Sonia Hernández na Consellería de Cultura.
Xunto a eles, o presidente da Generalitat optou por destacados militantes do PSC para completar o executivo, como Alicia Romero, futura conselleira de Economía, e Silvia Paneque, voceira do Goberno e conselleira de Territorio, Transicion Ecoloxica e Vivenda. Nuria Parlón será conselleira do Interior. E con ela, Illa recupera a Josep Luis Trapero para dirixir os Mossos d'Esquadra nun dos peores momentos do corpo policial tras a fuxida de Carles Puigdemont. O obxectivo é despolitizar a cúpula policial e darlle un perfil máis técnico.
Os conselleiros tomarán posesión este luns e o martes celebrarán o primeiro consello.