Publicador de contidos

Publicador de contidos

Indignación en Ribadeo polo incivismo dos turistas que saltan as normas de seguridade na praia das Catedrais

Indignación en Ribadeo polo incivismo dos turistas que saltan as normas de seguridade na praia das Catedrais

O areal incluso fóra de temporada rexistra unha alta afluencia de visitantes, e son poucos os que respectan as normas, actúan con total impunidade

É habitual velos subidos ás rochas, paseando polas zonas precintadas polo risco de derruba ou levando pedras nos petos

G24.gal 25/02/2025 14:04

Os turistas saltan as normas de seguridade con total impunidade.

"Un comportamento incívico e con risco propio", asegura un turista.

Uns fano por descoñecemento a pesar de que hai varios carteis á entrada do areal que o lembra pero que a maioría recoñece que non le.

"A verdade é que non", di un turista, e outra recoñece tamén: "Non os lin, non".

En busca da mellor foto gabean polas rochas ou pasean por onde está prohibido.

"A xente respecta moi pouco", asegura unha turista.

Tamén están os afeccionados a levar o que é do areal.

"Está prohibido aquí e en calquera praia, non se poden levar nin pedras nin area", asegura unha turista.

Todos eles, actos que deterioran o monumento natural en vez de protexelo. 

"Está moi mal, é un perigo e estragas a natureza", comenta unha turista.

Imprudencias en moitos casos ilegais que teñen sanción, entre os 600 e os 6.000 euros, pero que non se aplican.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade