Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pintadas con graffitis amarelas nunha igrexa de San Cibrao das Viñas

Pintadas con graffitis amarelas nunha igrexa de San Cibrao das Viñas

Os autores deste acto vandálico pintaron en dúas portas e dous bancos

G24.gal 18/02/2025 13:24

A igrexa dos Remedios, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, apareceu con pintadas nas que se podían ler palabras como "amén e bendicido". Din que é a primeira vez que lles pasa.

"O luns á mañá chamáronme e mandáronme fotos de como estaba a capela. Vín ata aquí e vin como estaba. É a primeira vez que sucede iso nesta capela. Tocar a campá, o mellor ás dúas da mañá, moitas veces, pero pintar as portas e todo iso, é a primeira vez que vexo isto", lamenta Benito Espinosa, sancristán da capela dos Remedios.

Xa se denunciaron os feitos e están a investigar quen poden ser os responsables. "Para min é cousa de rapazotes de quince anos para arriba", cre Benito.

Tamén pintaron dous bancos, nun deles coa frase "Cousas de amor".

Nas sete parroquias do concello, nunca lles pasara algo así. "Que eu saiba, nunca oín que pasara nada así. Neste caso, nas sete parroquias que ten o concello, nunca; pero, en fin, tocoulle a esta capela, e hai que aguantalos".

Os labores de limpeza comezaron e esperan que se respecte o noso patrimonio e cousas coma esta non se volvan producir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade