Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inglaterra mantén a quinta marcha diante de Senegal (3-0)

Inglaterra mantén a quinta marcha diante de Senegal (3-0)

Henderson, Kane e Saka marcaron os goles ingleses

G24.gal 04/12/2022 21:52

Inglaterra demostrou a súa gran fiabilidade, derrotou a Senegal (3-0) e cítase con Francia nuns cuartos de final de primeiro nivel. Os insulares pasárono mal a primeira media hora, pero o gol de Henderson no minuto 38 cambiou o rumbo do partido. 

Máis cando Kane anotou no último minuto da primeira parte. Ese gol acabou coa resistencia dos africanos e deixou unha segunda parte moi cómoda para Inglaterra. 

A nova xeración ten tres elementos diferenciais; Bellingham, Saka e Foden. Tres perlas futbolísticas que se asociaron para marcar o terceiro gol. Xa está entre os oito mellores pero esta Inglaterra apunta moi alto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos