Ínigo Vélez estréase no banco do Lugo esta tarde en Mendizorroza (18:30 h)
Ínigo Vélez estréase no banco do Lugo esta tarde en Mendizorroza (18:30 h)
O equipo albivermello precisa unha reacción urxente nun estadio difícil
A etapa de Iñigo Vélez á fronte do Lugo comeza na súa terra, en Vitoria, ante un Alavés que gañou no Anxo Carro na primeira volta nun partido no que remontou na segunda metade con dous goles en tres minutos.
"Pasou moito tempo. Vino. Eu creo que lle competiu moi ben, pero acabou gañando o Alavés un a dous, se non recordo mal. Entón, creo que mudaron moitas cousas. Non lembro se nese partido era Hernán o adestrador, fíxate se cambiaron as cousas que eu son o cuarto e Hernán era o primeiro".
Os vitorianos están a amosarse firmes en Mendizorroza, onde sumaron o 75 por cento dos puntos e só perderon un partido que os converten no segundo equipo máis forte coma local. Con todo, os vascos amosaron un lixeiro baixón nas dúas últimas xornadas nas que foron incapaces de gañar e de marcar un gol.
Para o técnico do equipo vitoriano, Luis García, "é verdade que o xogo non está a ser tan bo como outras veces, pero á area marca os teus resultados e nesta ocasión, na área, non defensivamente porque nos fixeron un gol en dous partidos, pero si que en ataque non estivemos tan acertados".
Nese contexto e no amplo coñecemento que posúe Iñigo Vélez do equipo de Luis García, ao que leva vendo toda a temporada, o novo técnico lucense busca variar a dinámica derrotista dos branco e vermellos, que só gañaron dous dos últimos 27 puntos.
"Ao final hai que limpar a cabeza, pero porque acabamos de chegar e como comentei na presentación, a peor non se pode ir a nivel clasificatorio. Entón, isto é moi fácil, se gañas todo é marabilloso, e se non o fas, complicase máis. Eu o que quero é que se sintan liberados", indicou o técnico.
Unha forma de liberalos vai ser que Vélez acapare todos os focos.