Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inquietude pola despregadura nuclear táctica rusa en Belarús

Inquietude pola despregadura nuclear táctica rusa en Belarús

Kíiv di que o Kremlin tomou Belarús como o seu refén nuclear

A OTAN e os EUA non ven razóns para cambiar as estratexias de defensa

G24.gal 26/03/2023 20:23 Última actualización 26/03/2023 20:46

Rusia di que en pouco máis de tres meses terá listo en Belarús o depósito en que vai almacenar unha parte do seu armamento nuclear táctico.

Putin puntualizaba que fai o mesmo que os Estados Unidos, que tamén despregan armas nucleares en territorios aliados, e que con isto non viola os tratados de desarme.

Kíiv fala de provocación, afirma que o Kremlin tomou Belarús como o seu refén nuclear e pide unha reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU.

Para a Unión Europea é unha escalada do conflito e para a OTAN, retórica perigosa e irresponsable.

A comunidade internacional permanece vixilante pero nin a Alianza Atlántica nin os Estados Unidos ven razóns para modificar as súas estratexias de defensa.

Seguen os combates

Mentres, nos campos de batalla en Ucraína os combates seguen sendo intensos. Kíiv denuncia que aumentaron os bombardeos rusos contra obxectivos non militares.

Non hai, porén, cambios significativos nas liñas de fronte. A loita por Bahmut estancouse polo desgaste dos dous bandos, segundo a intelixencia británica. 

Zelenski admite que a situación das súas tropas no leste é agora mesmo desfavorable e advirte dunha posible minoración das operacións por falta de munición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade