Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intelixencia artificial para dinamizar o emprego en Galicia

Intelixencia artificial para dinamizar o emprego en Galicia

A Xunta porá a funcionar unha nova ferramenta que encaixe a oferta e demanda laboral
 

G24.gal 17/07/2022 13:15 Última actualización 17/07/2022 13:22

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou esta semana unha ferramenta coa que se pretende dar unha sacudida ao mercado laboral galego adaptando a formación dos desempregados aos perfís que demandan os empresarios.

Esta ferramenta desenvolve a axenda europea e denomínase "Axenda galega de capacidades", xa que, precisamente, traballa coas capacidades das persoas.
Tamén contará cunha colaboración público-privada.
Con ela pretendese darlle a volta ao dato que facilita a Xunta, segundo o cal a formación actual só cobre o setenta por cento dos postos que demanda o mercado.

O goberno galego investiu seis millóns de euros nesta ferramenta e, para que funcione, é fundamental que os empresarios se adscriban a ela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade