Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigado un veciño de Carballo polo roubo da escultura de Punta Nariga

Investigado un veciño de Carballo polo roubo da escultura de Punta Nariga

Intentou vendela a cachos nunha chatarrería de Abegondo 

G24.gal 31/03/2022 20:24

Un veciño de Carballo está a ser investigado pola Garda Civil porque podería ser o ladrón que roubou o pasado 15 de marzo a escultura de bronce denominada Atlante do faro da Punta Nariga de Malpica. A figura fora cortada cunha radial do muro en que se encontraba.

A investigación da Garda Civil, tras a denuncia da Autoridade Portuaria da Coruña, propietaria da peza, levounos ata este veciño que, segundo souberon, intentara vender a estatua despezada nunha chatarrería de Alvedro, en Abegondo.

Descoñécese o valor da escultura agora desfeita, pendente de informe da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia sobre a súa consideración como ben de interese artístico ou cultural.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos