Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan os dous homes que mataron a disparos o rexente dun bar en Carballo

Buscan os dous homes que mataron a disparos o rexente dun bar en Carballo

No vídeo gravado pola cámara de seguridade no interior do local obsérvase que había un neno que foxe pola porta xunto a outras dúas persoas atacantes

Na vila poucos queren falar ante as cámaras do acontecido porque hai medo a posibles represalias

TVG
G24.gal 05/12/2024 12:00 Última actualización 06/12/2024 17:55

Dous tiros ao chan e catro palabras en castelán: "Tranquilos non vos movades" isto foi, segundo nos contou unha testemuña, o que fixeron os autores do crime do bar O Castro, en Carballo cando entraron no establecemento.

A vítima tentou refuxiarse nos baños pero non o conseguiu; un dos presuntos sicarios entrou e pegoulle varios tiros;tras el entrou o segundo supostamente para rematalo. 

A Garda Civil solicita imaxes e testemuños para dar co paradoiro dos dous homes que na tarde do mércores dispararon ata causar a morte do rexente dun bar situado na rúa Río Anllóns de Carballo. J. L. A., de nacionalidade dominicana e coñecido como Chelo o Rexedor, de 33 anos, faleceu no acto tras recibir disparos cunha arma de fogo.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, informou este xoves que dous homes con capuchas entraron sobre as 20:10 horas no establecemento hostaleiro, un deles vestido de negro e outro de gris, e dispararonlle á vítima. Tras iso, os presuntos autores abandonaron o lugar en patinetes eléctricos.

Nas últimas horas transcendeu nas redes o vídeo gravado pola cámara de seguridade do establecemento no momento dos feitos. Nel pódese ver o interior do bar no momento en que entran os atacantes. Nas imaxes obsérvase que había un neno que foxe pola porta xunto a outras dúas persoas atacantes.

Ao lugar acudiu a Garda Civil, a Policía Local e os servizos sanitarios, que certificaron a morte do home. As forzas da orde acordoaron a zona, na que o suceso espertou unha grande expectación.

Fontes próximas da investigación sinalaron que todas as hipóteses están abertas e que podería relacionarse cun tema de drogas. Precisamente, o crime de Carballo transcendeu en diversas redes sociais, onde perfís do país de orixe do falecido sinalan que no pasado estivo vinculado con bandas de crime organizado.

A Garda Civil "está con todos os traballos de tomar testemuño ás persoas que se puidesen atopar no lugar, así como revisar as cámaras e toda a información que lles poida permitir esclarecer o sucedido e identificar as persoas responsables e tratar de localizalas", explicou Rivas. 

Na vila poucos queren falar ante as cámaras do acontecido. Hai medo a posibles represalias.

Quen era a vítima?

A vítima chamábase José Luis Alvarado, alcumado Chelo el Regidor tiña 33 anos e era de nacionalidade dominicana. No seu país estaba relacionado presuntamente co narcotráfico, coa delincuencia organizada e con asasinos a soldo.

De feito no 2022 foi detido en Colombia e extraditado ao seu país acusado de liderar presuntamente unha banda que se adicaba ao secuestro de empresarios. Tamén o realcionan co asasinato dun policía no seu país.

O grupo de delitos contra as persoas da Garda Civil está analizando todas as imaxes e as probas recabadas, incluindo os catro cascos recollidos no lugar do crime para intentar dar cos presuntos asasinos.

A principal hipótese que manexan é un posible axuste de contas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade