Pecha o bar de Carballo onde asasinaron a Chelo el Regidor
Pecha o bar de Carballo onde asasinaron a Chelo el Regidor
O Concello ordea o peche temporal do local por supostos incumprimentos da normativa de ruídos
Mentres, continúan as investigacións para dar cos autores do crime
Case dúas semanas despois do asasinato de Chelo el Regidor, o Concello de Carballo ordena o peche do bar do tiroteo e a retirada da súa terraza, situada na rúa Anllóns. O peche é temporal e está motivado polo presunto incumprimento da normativa de ruídos.
A titular do bar Castro é unha muller, pero os investigadores non descartan que quen xestionaba na sombra o local fora a vítima do crime, Jose Luis Alvarado, alcumado como Chelo el Regidor. Este home dominicano de 33 anos faleceu a pasado 4 de decembro no interior do local, despois de recibir os disparos de dous homes encapuchados.
Polo momento, continúan baixo segredo as investigacións para dar cos autores do crime e esclarecer os motivos. Unha das principais liñas de investigación apunta a un axuste de contas encargado a dous sicarios.