Cargando resultados...
Investigan a relación de cinco mortes no Xapón cun suplemento para o colesterol
Investigan a relación de cinco mortes no Xapón cun suplemento para o colesterol
Duascentas persoas máis están hospitalizadas
G24.gal
10/04/2024 14:14
No Xapón, un suplemento para baixar o colesterol podería estar detrás de polo menos cinco mortes inexplicables. Hai, ademais, duascentas persoas hospitalizadas.
As autoridades investigan se a culpa podería ser dun dos seus ingredientes: un lévedo vermello. O suceso volve poñer o foco sobre as supostas bondades dalgúns suplementos alimentarios.