Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos reciclan un 8 % máis de medicamentos que o resto de España

Os galegos reciclan un 8 % máis de medicamentos que o resto de España

Nos puntos Sigre das farmacias recóllense medicamentos caducados ou que xa non se necesitan

Durante os primeiros 6 meses do ano, cada cidadán reciclou 116 gramos de residuos farmacéuticos, fronte aos 107 de media no resto do Estado

Reciclaxe de medicamentos nun punto Sigre
G24.gal 22/10/2024 15:59

A reciclaxe de medicamentos en Galicia é un 8 % maior que no resto de España. Pouca xente non coñece os puntos Sigre, que son case 1.400 en farmacias de toda Galicia.

"No punto Sigre recollemos medicamentos caducados ou que xa non se necesitan, tamén embalaxes. É moi importante que non se tiren ao colector xeral. O que non se deben traer son agullas, termómetros, vendaxes, gasas ou radiografías", explica Amil López Vieites, doutora en Farmacia e nutricionista.

Segundo datos de Sigre, os primeiros seis meses deste ano, cada galego reciclou 116 gramos de residuos farmacéuticos, fronte aos 107 de media no resto do Estado. Pontevedra e Lugo destacaron especialmente, mentres que A Coruña quedou por debaixo da media.

Ante a dúbida de se algo pode botarse ou non no punto Sigre, o mellor é preguntarlle ao profesional da farmacia.

A mesma fonte indica que o 70 % dos envases recollidos recíclanse nunha planta de clasificación de envases e residuos. O resto aprovéitase como fonte de enerxía, polo que diminúe o consumo de combustibles fósiles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade