Medicamentos con alcol, drogas e bebidas enerxéticas, a última moda que circula nas redes
Medicamentos con alcol, drogas e bebidas enerxéticas, a última moda que circula nas redes
O aumento do seu consumo preocupa as autoridades sanitarias, por tratarse dunha conduta perigosa que pode ata causar a morte
Hai numerosos vídeos circulando polas redes: non só alentan a consumir a bebida de moda, senón que tamén se ensina a elaborala. Xarope para a tose con alcol, drogas e bebidas enerxéticas e doces. Un combinado que pode resultar letal.
"Se hai unha sobredose pode haber unha morte, esa é a consecuencia máis grave, a morte. Dificultade respiratoria, problemas na frecuencia cardíaca", explica Gabriela Kleps, psiquiatra da Unidade de Drogodependencias da Cruz Vermella.
O seu consumo non para de medrar como o da cafeína en po. "Nifrar cafeína é a nova moda. Non saímos dunha para meternos noutra peor", alerta un enfermeiro nas súas redes sociais.
Modas moi perigosas que se estenden sobre todo entre os mozos, máis vulnerables, os menores. "Esta inmersión nestas novas drogas que producen situacións de euforia que poden levar a morte, pero non se ve a morte, ese é o problema", engade a psiquiatra.
Prácticas que están a golpe de clic para a mocidade. "Si sei que existen, seguro que algunha vez a probei pero non moito"; di un mozo, mentres outro comenta que "agora tamén nos EUA púxose de moda inhalar o gas dos sprays de nata, eu creo que a xente está moi perdida".
"É difícil controlar ao que poden acceder, pero debería estar regulado", pide unha nai.
O problema preocupa os expertos en saúde pública e tamén a policía, xa que hai cidades onde xa operan bandas que trafican con estes fármacos.