Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan unha agresión sexual a unha moza nunha verbena no Porriño

Investigan unha agresión sexual a unha moza nunha verbena no Porriño

A moza denunciu que dous homes a enganaron para agredila sexualmente

G24.gal 19/07/2023 12:00 Última actualización 19/07/2023 15:06

No Porriño a Garda Civil investiga a suposta violación sufrida por unha moza na madrugada do luns ao martes na verbena de San Campio na parroquia de Pontellas. Dous individuos aos cales descoñecía abordaríana e enganaríana para acompañala xunto a uns amigos que buscaba e agredírona sexualmente.

A nai da vítima, interveu nunha emisora local para desmentir trolas que se difundiron sobre o caso e para pedir a colaboración de quen puidera ter visto algo e poida achegar datos á investigación.

O protocolo activouse por mor do exame e a extracción de mostras á que foi sometida a moza no centro sanitario.

Despois de ter coñecemento do caso, procedeuse á inspección ocular de onde presuntamente consumáronse os feitos, un galpón próximo á festa.Espérase que a moza preste declaración e curse a correspondente denuncia en relación con este caso.

Nun comunicado, a Marcha Mundial das Mulleres da Louriña expresou o seu apoio á vítima: "Nada do que fixeses ti ou calquera muller xustifica que un home ou grupo de homes nos violen. O inxustificable é a violencia e a agresión".

Esa agrupación demanda que se habiliten puntos violetas para as mozas nestes macroencontros porque, argumentan, "por se quedaban dúbidas, non son seguros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade