Publicador de contidos
Publicador de contidos

Irán insiste en que non busca tensións tras o ataque a Israel e que tivo obxectivo "disuasorio"

Irán insiste en que non busca tensións tras o ataque a Israel e que tivo obxectivo "disuasorio"

O ministro de Exteriores iraniano afirma que "a acción da República Islámica do Irán foi necesaria e proporcional e estivo dirixida a obxectivos militares" 

O Goberno de Irán lamenta a falta de medidas da comunidade internacional perante o ataque contra o consulado iraniano en Damasco o 1 de abril

O Goberno cre que a escalada en Oriente Próximo só pode frearse co recoñecemento do Estado palestino

Danos na base aérea Nevatim (Israel) causados polo ataque con drons e mísiles iranianos (Exército de Israel vía Reuters). Danos na base aérea Nevatim (Israel) causados polo ataque con drons e mísiles iranianos (Exército de Israel vía Reuters).
G24.gal 15/04/2024 11:18

Irán insistiu este luns en que non busca aumentar a tensión en Oriente Medio e asegurou que o ataque contra Israel foi “necesario, proporcional e dirixido a obxectivos militares” para crear “capacidade de disuasión”.

“Irán non busca aumentar a tensión na rexión”, afirmou o portavoz do Ministerio de Exteriores, Naser Kananí, nunha conferencia de prensa en Teherán.

O diplomático asegurou que Teherán actuará “máis forte que nunca para disuadir e castigar o agresor por calquera acción ilegal e irracional”, aínda que o seu país se adhire aos principios da Carta das Nacións Unidas e ao dereito internacional.

"Unha acción necesaria, proporcional e dirixida a obxectivos militares"

“A acción da República Islámica do Irán foi necesaria e proporcional e estivo dirixida a obxectivos militares”, sostivo Kananí, quen lamentou a falta de medidas do Consello de Seguridade da ONU e dos Estados Unidos, o Reino Unido e Francia perante o ataque contra o consulado iraniano en Damasco o 1 de abril.

Nese ataque morreron seis sirios e sete membros da Garda Revolucionaria, entre eles o líder da súa rama Forzas Quds para Siria e o Líbano, o xeneral de brigada Mohamed Reza Zahedi.

“Irán actuou co obxectivo de crear disuasión e previr a repetición do crime do réxime sionista (Israel) e defender a súa seguridade e os seus intereses nacionais” perante esa alta de accións internacionais, dixo Kananí.

Exteriores cre que Occidente debería "aprezar a moderación de Irán"

Finalmente, perante posibles reaccións de países occidentais e as chamadas á imposición de novas sancións contra Irán, Kananí afirmou que deberían “apreciar a moderación” de Teherán.

“Estes países no canto de adoptar unha acción ilóxica deberían apreciar a moderación de Irán nos últimos meses e o comportamento responsable de Irán cara á seguridade e a paz”, asegurou o diplomático.

Tras o ataque con mísiles e drons contra Israel, Irán lanzou unha ofensiva diplomática con conversacións con polo menos nove países aos que transmitiu que o obxectivo de Teherán era disuasorio e que responderán a novas agresións israelís.

Así, o ministro iraniano de Exteriores, Hosein Amir Abdolahian, mantivo conversacións cos seus homólogos de Rusia, Qatar, India, Malta, Exipto, Arabia Saudita, Siria, Turquía e a Unión Europea nas horas pasadas desde o ataque. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade