Publicador de contidos
Publicador de contidos

Isabel Concheiro: "O Estado podería tomar nota da experiencia da Lei do Litoral vista a sentenza do Constitucional"

Isabel Concheiro: "O Estado podería tomar nota da experiencia da Lei do Litoral vista a sentenza do Constitucional"

A directora xeral de Asuntos Constitucionais e Desevolvemento Lexislativo da Xunta recoméndalle ao Estado apostar pola lealdade institucional 

A transferecia da AP-9 e da xestión dos Fondos Next Generation depende da "vontade política"

G24.gal 18/05/2024 10:58

A directora xeral de Asuntos Constitucionais e Desevolvemento Lexislativo da Xunta, Isabel Concheiro, recoméndalle ao Estado apostar pola "lealdade" institucional para evitar conflitos coma o da Lei de ordenación do litoral, no que o Tribunal Constitucional lle deu a razón ao Goberno galego no recurso presentado polo central. 

Na primeira entrevista de Concheiro na Radio Galega dende que tomou posesión do seu cargo -de recente creación- asegurou que de momento non se convocou a comisión mixta Xunta- Estado para iniciar o traspaso das funcións e servizos necesarios para asumir a xestión completa do litoral.  O que si aproveitou a directora xeral de Asuntos Constitucionais é para recomendarlle ao Goberno centra apostar pola colaboración institucional como fai a Xunta para dirimir discrepancias competenciais en lugar de recorrer directamente ao Tribunal Constitucional.  

"O Estado podería tomar nota da experiencia da Lei de Ordenación do Litoral porque vista a sentenza do Tribunal Constitucional, o que está claro é que se o estado tivese a mesma lealdade e vontade de acadar acordos coa comunidade autónoma que temos nós e tiveran convocado a comisión bilateral previa en lugar de acudir directamente ao recurso de inconstitucionalidade é moi probable que as discrepancias que xurdiron se resolvesen nesa comisión bilateral".

Respecto á solicitudes de transferencias como a da autoestrada AP-9 ou a xestión dos fondos Next Generation, Concheiro considera que dependen máis da "vontade política" do Goberno central que de aspectos xurídicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade