Isarel mata 40 palestinos nun ataque nunha "zona humanitaria" de Gaza onde deixa máis de 60 feridos
Isarel mata 40 palestinos nun ataque nunha "zona humanitaria" de Gaza onde deixa máis de 60 feridos
Israel xustificou o ataque con avións de combate aducindo presenza de membros de Hamas na zona
O Exército isarelí atacou na madrugada deste martes un campamento de tendas de campaña designado como "zona humanitaria" preto a Khan Junis, no sur de Gaza, e deixou polo menos 40 mortos e máis de 60 feridos, segundo informes de funcionarios da Franxa controlada por Hamas.
Un portavoz da unidade de defensa civil de Hamas citado pola axencia de noticias Shehab, vinculada ao grupo islamista, dixo que familias enteiras foron tragadas baixo montañas de area no ataque, que deixou enormes buracos no chan, e que os rescatistas carecen do equipo para escavalos.
No entanto, Israel xustificou o ataque con avións de combate aducindo presenza de membros de Hamas na zona, unha versión que o grupo islamista negou a través da súas canles oficiais.
“As acusacións da ocupación sobre a presenza de combatentes da resistencia son unha mentira descarada”, afirmou Hamas nun comunicado difundido en Telegram.
Non é a primeira vez que Israel ataca a "zona humanitaria" que se atopa xunto á costa no sur de Gaza. O pasado xullo levou a cabo uno dos seus bombardeos máis violentos contra este espazo matando 90 persoas xunto ás praias de Mawasi co obxectivo de acabar con Mohammed Deif, xefe do brazo armado de Hamas.
As forzas armadas designaron unha "zona humanitaria" que abarca territorios de Mawasi e Khan Junis, no sur de Gaza, e Deir Al Balah, no centro, aínda que foron reducindo o seu perímetro ao longo dos meses baixo a premisa de que os milicianos a utilizan para atacar as tropas.