Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel prohibe ao consulado de España en Xerusalén atender os palestinos en Cisxordania

Israel prohibe ao consulado de España en Xerusalén atender os palestinos en Cisxordania

O ministro de Exteriores español protestará ante o Goberno israelí por esta decisión e nega que haxa "antisemistas" no Executivo

Nas últimas horas Israel reprendeu a embaixadora española: "É unha declaración que cospe na cara do pobo israelí"

O ministro de Exteriores de Israel, Israel Katz, nunha foto de arquivo (Europa Press)
G24.gal 24/05/2024 08:45 Última actualización 24/05/2024 10:04

O ministro israelí de Exteriores Israel Katz anunciou este venres que decidiu cortar a conexión entre a embaixada de España en Tel Aviv e os palestinos e prohibir ao consulado español en Xerusalén "prestar servizos aos palestinos".

O motivo desta decisión é o recoñecemento de España do Estado palestino e o "chamamento antisemita" da vicepresidenta do Goberno español Yolanda Díaz, quen pechou esta semana un discurso co slogan propalestino "Desde o río ata o mar". 

"En resposta ao recoñecemento do Estado palestino por parte de España e as declaracións antisemitas da vicepresidenta do Goberno non só de recoñecer un Estado palestino senón de liberar Palestina desde o río ata o mar, decidín cortar a conexión entre a representación de España en Israel e os palestinos e prohibir ao Consulado español en Xerusalén dar servizo aos palestinos de Cisxordania", dixo o ministro de Exteriores israelí, Israel Katz, na rede social X.

A mensaxe está publicada en hebreo, inglés e español, e nesta última versión, menciona tanto o presidente Pedro Sánchez coma o líder do Partido Popular Alberto Núnez Feijoo.

Tras el reconocimiento por parte de España de un Estado palestino y el llamado antisemita de la Vicepresidenta del Gobierno español a no conformarse con reconocer un Estado palestino "y liberar Palestina desde el río hasta el mar", he decidido cortar la conexión entre la…

Así mesmo, subliñou, en referencia a Díaz: "Se esta persoa ignorante e chea de odio quere entender o que busca realmente o islam radical, debería estudar os 700 anos de dominio islámico en Al Ándalus, hoxe España".

O ministro Katz advertiu esta semana que o recoñecemento do Estado palestino por España, Irlanda e Noruega tería "consecuencias graves".

O Goberno español rexeita as críticas e prepara unha protesta

O ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares, adiantou que o Goberno protestará ante o israelí pola decisión de impedir que o Consulado Xeral en Xerusalén atenda aos palestinos de Cisxordania, á vez que negou que no Executivo español haxa "antisemitas".

Nunha entrevista en RAC1, recollida por Europa Press, o ministro indicou que o Executivo vai analizar o anuncio realizado polo ministro de Exteriores israelí, Israel Katz, e "desde logo se iso é unha decisión tal e como se le da literalidade", entón "protestaremos".

Por outra banda, recalcou que "no Goberno de España non hai antisemitas", senón que é "un Goberno tolerante, plural, diverso que non acepta ningún discurso de odio, incluído o antisemitismo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade