Israel recoñece a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental
Israel recoñece a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental
O goberno de Netanyahu dixo que esta decisión contribuirá á "paz rexional"
O Goberno de Israel recoñeceu formalmente a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental.
O ministro israelí de Exteriores Eli Cohen dixo que esta decisión contribuirá á "paz rexional".
"Este paso fortalecerá as relacións entre os países e entre os pobos e a continuación da cooperación para profundar na paz e estabilidade rexional", dixo o primeiro ministro Benjamin Netanyahu nunca carta enviada ao rei Mohamed VI.
A decisión israelí será "transmitida ás Nacións Unidas, ás organizacións rexionais e internacionais das que Israel é membro e mais a todos os países con que Israel mantén relacións diplomáticas", dixo o primeiro ministro nunha carta.
O anuncio prodúcese o mesmo día en que Israel nomeou o coronel Sharon Itach o seu primeiro agregado militar en Marrocos, nun contexto de fortalecemento dos lazos en seguridade entre ambas as nacións.