Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel atopa 1.500 corpos de milicianos de Hamas, o cal eleva os falecidos na guerra a máis de 3.O00

Israel atopa 1.500 corpos de milicianos de Hamas, o cal eleva os falecidos na guerra a máis de 3.O00

Israel recupera o control do territorio na zona fronteiriza coa Franxa de Gaza

España prepara un avión militar para traer desprazados a Israel por turismo ou negocios

Inditex pecha temporalmente as súas 84 tendas franquiadas en Israel

O conflito armado ameaza o turismo, e non só o de Israel

Polémica por un comunicado de apoio a Israel en que non está España

G24.gal 10/10/2023 08:25 Última actualización 10/10/2023 15:26

Os 1.500 corpos de combatentes de Hamás que Israel afirma atopou no seu territorio eleva a máis  de 3.000 o número de mortos ata o momento na nova guerra entre Israel e Hamas, onde polo menos 6.000 persoas quedaron feridas.

Israel cifra en polo menos 900 os civís e militares mortos con máis dun centenar de desaparecidos presumiblemente secuestrados, mentres en Gaza contabilízanse preto de 700 vítimas mortais, entre elas 140 nenos, no terceiro día de guerra.

Israel eleva a 2.600 os feridos e en Gaza a cifra supera os 3.700, segundo o último reconto do Ministerio de Sanidade da Franxa, que sofre intensos bombardeos por parte da aviación israelí, con ataques a infraestruturas civís e edificios residenciais.

Hamas asegurou que os bombardeos provocaron a morte de polo menos 4 reféns israelís do centenar que o grupo di ter secuestrado desde o sábado.

Israel recupera o control do territorio na zona fronteiriza coa Franxa de Gaza

Israel recuperou o control da zona fronteiriza coa Franxa de Gaza e logrou parar a infiltración de milicianos de Hamas no seu territorio, informou o exército israelí este martes, o cuarto día de guerra contra o movemento islamita.

"Restauramos practicamente o control completo no valo fronteirizo con Gaza, estamos a restaurar e organizar o perímetro", indicou a medios internacionais Richard Hecht, portavoz do exército, ao precisar que aínda que se poden producir novas infiltracións de milicianos, non se produciron incidentes deste tipo durante a noite.

Israel anunciou a mobilización de 300.000 reservistas. 

España prepara un avión militar para traer desprazados a Israel por turismo ou negocios

O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, informou este martes de que o Goberno non considera a evacuación dos aproximadamente 10.000 españois que viven entre Israel e os territorios palestinos, pero si prepara un avión militar que traia a España os desprazados por turismo ou negocios.

Albares informou de que os españois "bloqueados" tentando chegar a España "poderían ser centos", polo que se empezou a facer "unha primeira lista" cos que se atopan no aeroporto para ter unha "idea exacta de cantos poden ser", e está en contacto coa ministra de Defensa, Margarita Robles, para enviar un avión militar, "ou máis se son necesarios", para traer os desprazados puntualmente, non residentes.

"Ningún español que estea por turismo ou traballo vai quedar máis tempo", e dado que Vueling e Iberia cancelaron todos os seus voos ata o domingo, "non imos esperar máis e enviaranse avións militares, en colaboración con Defensa", engadiu.

 

Albares tamén dixo que solicitará explicacións á Comisión Europea sobre que quere dicir "revisión" da axuda da UE a Palestina e insistiu en que retirar as axudas sería "contraproducente": "Non podemos mesturar a unha organización terrorista como Hamas co pobo palestino".

"O que imos necesitar nos próximos días non é menos axuda a Palestina senón moita axuda humanitaria", precisou o ministro que lembrou que España leva décadas cooperando coa Autoridade Nacional Palestina e os organismos de Nacións Unidas e "somos extraordinariamente escrupulosos con ese diñeiro e xamais houbo ningún problema".

Máis de 187.000 desprazados en Gaza

Os desprazados dentro da franxa de Gaza por mor da guerra aumentado nas últimas 24 horas e superan os 187.000, e dáse por descontado que este número subirá nas próximas horas, segundo Nacións Unidas.

Deles, uns 137.500 desprazados están refuxiados en escolas da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos (UNRWA), onde as condicións son extremadamente precarias e a subministración de auga potable é moi limitado, dixeron representantes deste organismo. 

O líder supremo de Irán sobre Hamas: “Estamos orgullosos deles”

O líder supremo de Irán, Ali Jameneí, afirmou este martes que está orgulloso da mocidade palestina polo ataque sorpresa contra Israel e negou unha vez máis a implicación iraniana nas hostilidades.

“Bicamos a fronte e as mans dos intelixentes e habilidosos deseñadores desta operación e da mocidade palestina, estamos orgullosos deles”, afirmou o líder nunha cerimonia de gradación militar. "Pero o inimigo di que Irán está tras a operación e é unha mentira”, asegurou a máxima autoridade iraniana.

Máis de 1.7000 obxectivos atacados na franxa

O exército israelí informou de que atacou máis de 1.700 obxectivos na franxa e di que xa retomou o control de varias localidades asaltadas por Hamas durante a fin de semana e que non houbo máis infiltrados. Tamén atacou con helicópteros a fronteira co Líbano, por onde entraron grupos de milicianos nas últimas horas.

O ministro de Defensa deu orde de bloquear por completo a Franxa de Gaza, en que viven 2,3 millóns de persoas que non teñen xeito de escapar. 

O primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu mandou recrutar 300.000 reservistas para unha operación militar que, asegura, vai cambiar Oriente Próximo.  Palestina denunciou o ataque a dous campos de refuxiados, os de Jabalia e Rafah, con decenas de vítimas. 

A guerra pódese endurecer nas próximas horas. O brazo armado de Hamas ameaza con matar publicamente un refén civil dos que ten retidos desde a fin de semana por cada bombardeo que lance Israel sen avisar. O Goberno israelí xa respondeu que non ten intención de parar os ataques.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade