Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel segue a minguar as filas de Hezbollah mentres no Iemen contraataca os hutís

Israel segue a minguar as filas de Hezbollah mentres no Iemen contraataca os hutís

O exército xudeu volveu atacar este domingo o sur e o leste do Líbano e causou 53 vítimas mortais

Polo menos catro persoas morren nun bombardeo israelí contra a cidade iemení de Al Hodeida

Xente refuxiada no aeroporto de Tel Aviv tras o ataque dende O Iemen. REUTERS/Itai Ron Xente refuxiada no aeroporto de Tel Aviv tras o ataque dende O Iemen. REUTERS/Itai Ron
G24.gal 29/09/2024 21:01 Última actualización 29/09/2024 21:54

Israel volveu atacar este domingo o sur e o leste do Líbano e causou 53 vítimas mortais, e tamén os suburbios meridionais de Beirut. Os bombardeos dos últimos días custaron máis dun milleiro de vidas.

Ademais, ampliou o radio de loita cun novo bombardeo contra a cidade iemení de Al Hodeida, no que morreron polo menos catro persoas e outras 40 quedaron feridas, segundo un balance preliminar.

O exército hebreo tamén confirmou a morte dunha vintena de membros de "diverso rango" de Hezbollah, entre eles o comandante Ali Karaki, no bombardeo masivo en que faleceu o seu máximo líder Hasan Hasrallah.

"Estas mortes non significan o final de Hezbollah porque está moi arraigado na sociedade libanesa, pero si que nos permite empuxalos cara ao norte do Líbano e así poder crear as condicións para que os residentes evacuados poidan regresar ás súas casas", explicou o portavoz castrense Roni Kaplan.

Por iso, segundo apuntou este sábado o ministro de Defensa Yoav Gallant, o corpo militar está a estudar unha "expansión das actividades" na fronte norte, que poderían ter a forma dunha invasión terrestre, segundo a prensa hebrea, aínda que de carácter moi limitado.

Ataque contra os hutís

No medio da escalada co Líbano, Israel tamén bombardeou este domingo "a grande escala" a cidade portuaria de Al Hodeida, no oeste do Iemen, e causou polo menos catro persoas mortas e 40 feridas, segundo dixo o portavoz do Ministerio de Saúde hutí Anees Al Asbahi.

Este ataque prodúcese un día despois de que os rebeldes lanzasen un mísil balístico contra o aeroporto israelí de Tel Aviv, onde Netanyahu debía aterrar da súa viaxe á Asemblea da ONU, en Nova York. Segundo o exército xudeu, foi interceptado fóra das fronteiras do país.

Nun comunicado, os hutís aseguran que este tipo de ataques van continuar ata que "a agresión contra Gaza e O Líbano se deteña", mantendo así o seu apoio como parte do denominado "Eixo da Resistencia", liderado por Irán, mesmo tras o asasinato de Nasrallah.

As tropas hebreas aseguran nun comunicado que están decididas a "seguir actuando e danando a todo aquel que supoña unha ameaza para a cidadanía Israel e á distancia que sexa necesaria", acusou o texto, en referencia aos 1.800 quilómetros que separan Israel do Iemen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade