Italia recomenda os seus cidadáns abandonar Rusia
A UE mantén pechado o seu espazo aéreo aos voos procedentes de Rusia desde o pasado 27 de febreiro

O Ministerio de Exteriores italiano aconsellou hoxe aos seus nacionais en Rusia valorar si a súa permanencia nese país é necesaria e, en caso contrario, recomendou abandonalo debido ás tensións internacionais e aos problemas para voar.
"Dada a recente evolución do contexto internacional e a crecente dificultade nas conexións aéreas e terrestres para saír de Rusia, recoméndase aos cidadáns italianos presentes en Rusia valorar se a súa permanencia é necesaria e en caso contrario abandonar o país", lese nunha nota da embaixada italiana en Moscova.
Roma considera que "progresivamente" cada vez será máis difícil moverse desde a Federación Rusia cara a Italia e outros países, no marco das tensións e as sancións contra ese país como consecuencia da invasión de Ucraína.
Así mesmo nos últimos días estase rexistrado "un aumento vertixinoso" dos prezos dos billetes aéreos e constatáronse longas filas para abandonar o país polas súas fronteiras terrestres.
A Unión Europea mantén cerrado o seu espazo aéreo aos voos procedentes de Rusia desde o pasado 27 de febreiro, polo que a embaixada italiana en Moscova recomendou aos seus nacionais programar con moita antelación calquera viaxe desde ese país.