Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hamas di que non retomará as negociacións con Israel ata que libere aos presos palestinos

Hamas di que non retomará as negociacións con Israel ata que libere aos presos palestinos

Pediu aos mediadores -Exipto, Catar e Estados Unidos- que obriguen a Israel a cumprir os termos da primeira fase do acordo de cesamento do fogo

Imaxe da liberación de presos palestinos por parte de Israel o pasado día 15 Imaxe da liberación de presos palestinos por parte de Israel o pasado día 15
G24.gal 23/02/2025 20:48

O líder de Hamas, Mahmoud Mardawi, asegurou este domingo que non retomarán as negociacións con Israel para a segunda fase do cesamento do fogo se non liberan antes aos máis de 600 presos palestinos que se acordaron no sétimo intercambio deste sábado despois de que o grupo palestino liberase a seis reféns.

"Hamás non aceptará falar con Israel a través de mediadores antes de comprometerse a liberar aos prisioneiros acordados", subliñou nun comunicado Mardawi.

Ademais, o líder do grupo palestino pediu aos mediadores -Exipto, Catar e Estados Unidos- que obriguen a Israel a cumprir os termos da primeira fase do acordo de cesamento do fogo asinado con Israel.

Estaba previsto que onte Israel liberase a 620 presos e detidos palestinos: 445 arrestados en Gaza despois do ataque de Hamás do 7 de outubro de 2023, entre eles 24 mulleres e nenos.

Con todo, a madrugada deste domingo, o primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, anunciou nun comunicado que se atrasaba a liberación dos presos palestinos ata que "a liberación dos próximos reféns quede garantida, e sen cerimonias degradantes".

Israel critica que Hamas obrigue aos israelís, tras uns 16 meses de cativerio, a subir a un estrado, onde adoitan saudar ao público gazatí e deben dar un discurso. Tamén criticou que a entrega de catro cadáveres o xoves, incluídos os nenos da familia Bibas, se dese en directo e se subisen os seus cadaleitos a unha tarima.

Esta situación pon agora en risco as negociacións da segunda fase do acordo de cesamento do fogo que, ademais, deberían estar xa en marcha debido a que o vindeiro sábado 1 de marzo, segundo o texto, conclúe a primeira fase co último intercambio de reféns (nesta ocasión os corpos de catro deles) por outra quenda de presos palestinos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade